Vilalba contará cun parque infantil de 1.000 metros cadrados

Vilalba contará cun parque infantil de 1.000 metros cadrados

18 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O parque estará emprazado no espazo que hai enfronte da gardería municipal e non será exclusivo para nenos, posto que está prevista a instalación de 10 bancos de madeira con respaldo que substituirán aos 5 de pedra que había ata o de agora. Con esta medida, o Concello da solución a unha das peticións por parte da veciñanza vilalbesa, xa que eran moitas as persoas maiores que usan este parque, sobre todo no verán. Os usuarios desta instalación amosaron a súa desconformidade cos bancos de pedra, porque non tiñan respaldo é eran moi fríos.

 

Os traballos que se están a realizar consisten na retirada de todos os elementos que formaban o parque anterior para deixar unha superficie "limpa" e poder instalar os novos xogos con comodidade.

 

O importe destes xogos, así como da valla de colores que pechará todo o perímetro do parque ascende a 32.000€, dos que 22.000€ son aportados pola Deputación e os 10.000€ restantes polo Concello de Vilalba. 

 

Esta obra completarase coa instalación do rego automático e coa iluminación que serán instalados polos operarios municipais. O parque estará completamente acabado na próxima primavera.

Sociedade