Vilalba podería ser subsé do Mundial de Fútbol 2018 en caso de que sexa en España

Vilalba podería ser subsé do Mundial de Fútbol 2018 en caso de que sexa en España

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Así, no caso de producirse todos eses aprioris, Vilalba podería acoller a unha das seleccións participantes, co que o Estadio de A Magdalena sería o lugar destinado aos adestramentos, mentres que o Parador o cuartel xeral da concentración dun dos combinados nacionais participantes entre o 15 de maio e o 30 de xuño de 2018.

 

Desde o Servicio Municipal de Deportes do Concello da Coruña puxéronse en contacto co Concello de Vilalba para solicitar a súa colaboración para completar un documento que pide a FIFA coas características técnicas do campo de A Magdalena, par poder formar parte do proxecto de Coruña para ser sé da candidatura de España e Portugal.

 

Unha vez cumprido este requisito tan só quedaría pendente asinar a certificación de compromiso do propio concello de Vilalba para esas datas da celebración do campionato.

Deportes