Vilalba será a sede da “II Xornada da Liga Galega de Loita das Categorías Base”

Vilalba será a sede da “II Xornada da Liga Galega de Loita das Categorías Base”

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Pavillón Municipal de Vilalba acollerá, este Sábado entre as 11 e as 13.30 horas, a “II Xornada da Liga Galega de Loita das Categorías Base”. O evento congregará a 197 cativos de entre 6 e 11 anos, pertencentes a once equipos das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, e que loitarán nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

Pablo Pintos, tesoureiro da Federación Galega de Loita, destacou as facilidades que deu o Concello chairego para poder desenrolar esta xornada, ademais da “presenza arraigada que este deporte ten en Vilalba, tanto polo número de deportistas federados, como pola importancia do Club de Loita de Vilalba”.

 

O alcalde da vila, Gerardo Criado, tamén fixo referencia á “tradición” que este deporte ten no municipio e por iso non dubidaron en aceptar a celebración deste evento e colaborar coa Federación. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Jesús Bermúdez, dixo sentirse “orgulloso” de traballar cos representantes deste deporte en Vilalba, polo “bo trato”, que é “recíproco”, ademais de sinalar a importancia de que sexa unha competición de base, “porque é imprescindible ter eventos que fomenten este deporte entre os mais pequenos”.

O responsable de Prensa federativo, Toni López, recalcou esta imprensión ao establecer a necesidade de que os deportes “mal chamados minoritarios” teñan cabida nos medios de comunicación para que posúan unha maior presenza na sociedade e que sexan mais coñecidos polos nenos”.

A competición desenrolarase en 5 tapices, con combates simultáneos entre os once equipos para mellorar a dinamización do evento, que será controlado por 15 xuíces e 10 técnicos. A primeira xornada celebrouse en Baiona e a terceira, que será a fase final, celebrarase en Melide.

Homenaxe a Toni López

O Concello de Vilalba homenaxeou ao iudoca vilalbés, Toni López, que ven de quedar campión de España de invidentes na categoría de menos de 66 quilos, celebrado en Tarragona. López agradeceu o agasallo e animou a pequenos e adultos a practicar esta disciplina deportiva.

Sociedade