Vinte anos de rock

Vinte anos de rock
22 de Setembro, 2023 - 02:29 h. | Publicada por Radio Fene

Fin de semana de rock en San Valentín. Este venres arranca a vixésima edición do Fenerock. Para conmemorar o vinte aniversario, a organización convidou a participar a varios grupos que historicamente apoiaron o festival, manifestou a Radio Fene Mikel Rodeiro.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fene capital do rock and roll. Agárdase un cheo absoluto durante todos os días do Fenerock e parece que o tempo axudará ao éxito da xuntanza de rockeiros. Os amantes do rock and roll gozarán coa súa música favorita e coa oportunidade de reunirse que ofrece un festival, que ten tamén impacto na economía local pola xente que move e o gasto que fan os establecementos de hostalaría. Na primeira xornada actuarán Dakidarría, Miguel Costas, Sanford Music Factory e Far Away Place. Para o sábado, están programados Heredeiros da Crus, Me Fritos And The Gimme Cheetos, Stoned At Pompeii, Cranio. No domingo, concerto de balde con Nuevo Plan e xantar popular. A apertura de portas será ás nove da noite. 

Cultura

Publica o teu comentario agora