As vinte mellores cancións de Galiza e Portugal

Danse a coñecer as dez cancións galegas e as dez portuguesas nomeadas para os premios aRi[t]mar
18 de Febreiro, 2020 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Danse a coñecer as dez cancións galegas e as dez portuguesas nomeadas para os premios aRi[t]mar e ás 19.00h de hoxe ábrese o prazo para as votacións. As cancións galegas nomeadas entre as que o público poderá realizar a súa votación son da autoría de: Ataque Escampe, Baiuca, Davide Salvado, García Mc & Nación Quilombo, Guadi Galego, MJ Pérez, Najla Shami, Narci Rodríguez dA Trío, Sabela e Terbutalina.

Por Portugal resultaron nomeados: Ana Bacalhau, António Zambujo, Bárbara Tinoco, Cláudia Pascoal, ELAS, Isaura, Miguel Araújo, Tiago Bettencourt, Tiago Nacarato e Paulinho Moska e Xutos & Pontapés. Os e as artistas gañadoras, xunto cos e coas poetas escollidas posteriormente, actuarán na Gala de Premios aRi[t]mar galiza e portugal que se celebrará no último trimestre do ano.

O certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas, que foron dadas a coñecer hoxe nun acto que se celebrou na EOI compostelá. Todas as persoas que quixeren participar poden votar a través da web do aRi[t]mar e tamén desde as app do certame para Android e iOS, desde as 19:00 h do martes 18 de febreiro até ás 23:59 h do día 17 de marzo, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.

aRi[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Coa organización da Equipa de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, durante o ano lectivo trabállanse de forma didáctica os textos e as músicas e, posteriormente, escóllense mediante votación online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso, en 2019. No último trimestre do ano os gañadores participarán nunha Gala de actuacións e entrega de premios en Santiago de Compostela.

Músicas Galiza 2019 Nomeadas

Ataque Escampe - O que pode un corpo

Baiuca, Carlangas - Fisterra

Davide Salvado - Aire

García Mc & Nación Quilombo - O Espello

Guadi Galego - Balada de Verán ft. Lisandro Aristimuño, Germán Díaz

MJ Pérez - Mariluz

Najla Shami - Taboada

Narci Rodríguez dA Trío Ft.García M.C- Decide!

Sabela - Despedida

Terbutalina - Muinheira de Costa Músicas (na imaxe, Terbutalina na Galados Medios en Galego 2020 en Carballo).

Portugal 2019 Nomeadas

Ana Bacalhau- O Erro Mais Bonito ft. Diogo Piçarra

António Zambujo - Catavento Da Sé

Bárbara Tinoco - Antes Dela Dizer Que Sim

Cláudia Pascoal - Viver ft. Samuel Úria

Isaura - Uma Frase Não Faz A Canção ft. Luisa Sobral

Miguel Araújo - Talvez se eu Dançasse

Tiago Bettencourt - Trégua

Tiago Nacarato | Paulinho Moska - Sol De Inverno

Xutos Pontapés - Às vezes.

Cultura

Publica o teu comentario agora