A violencia na infancia e contra as mulleres

A violencia na infancia e contra as mulleres
10 de Outubro, 2019 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

A música dos Smiths, Joy Division ou Nick Cave aparecen en Infamia de Ledicia Costas. A penalista Emma Cruz imparte clases nunha vila marcada pola desaparición das irmás Giraud. “Preocúpame a violencia na infancia e contra as mulleres” salienta a escritora viguesa que rexeita os personaxes estereotipados. Infamia, un “thriller poético”, unha novela coral e multiperspectiva.

ESCOITA O PODCAST:
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

“Quixen abrir o debate sobre as partes máis escuras da natureza humana, en torno ao lonxe que, no peor dos sentidos, pode chegar o ser humano” salienta Costas que relativiza as súas semellanzas coa protagonista do volume: “Cando comecei a escribir pensei que a formación xurídica era a única coincidencia, pero despois de publicado o volume,coas entrevistas que me fixeron, fun descubrindo máis paralelismos, aínda que afortunadamente, eu non arrastro ningún trauma”. “Pero hai tamén trazos meus noutros personaxes, por exemplo que Lucas, que continuamente vai ao recurso lírico para expresarse”.

Cultura

Publica o teu comentario agora