Violencia sexual na mocidade

II Xornadas no campus ferrolán da UDC
13 de Marzo, 2019 - 08:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, acollerá, o vindeiro mércores 20 de marzo, a partir das 09:30 horas, a II Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade que promove a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coas Unidades de Igualdade das tres universidades galegas.

A activista feminista e integrante de Feminicidio.net, Amelia Tiganus, impartirá, ás 12:20 horas, o primeiro relatorio da xornada titulado “Prostitución e Pornografía: Violencia Sexual Comercial”. Ao seu remate, ás 11:05 horas, intervirá o profesor de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge García Marín, quen falará sobre “A performance da masculinidade hexemónica: aprendendo a manter privilexios”.

Ás 12:15 horas, a profesora titular e directora do Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, María Jesús Movilla, impartirá a conferencia “A violencia de xénero en parámetros de saúde”. O último dos relatorios, previsto para as 13:00 horas, correrá a cargo das comunicadoras e cofundadoras de Towanda Rebels, Teresa Lozano e Zúa Méndez, que afondarán na relación entre o porno e a violencia sexual.

As persoas interesadas en participar nesta xornada deben enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a oficina.igualdade@udc.es" oficina.igualdade@udc, antes do luns 18 de marzo. A actividade é gratuíta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora