A visibilidade é naturalidade

Las Antonias e Nuca poñerán a música á xornada protagonizada polos colectivos LGTB
30 de Maio, 2019 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

Debater sobre o movemento LGTB e darlle visibilidade son os obxectivos da celebración en Ferrol do Día do Orgullo Crítico.

ESCOITA O PODCAST:
LGTBFERROL2019

Las Antonias actuará o sabado Ferrol celebra o Dia do Orgullo este sábado 1 de xuño na Praza Vella. Principiarán as actividades ás cinco da tarde cun coloquio de diferentes colecticos do movemento LGBT. A escritora catalana, profesora e feminista, Brigitte Vasallo, ofrecerá unha charla ás seis da tarde cun coloquio moderado por Cristy Tojo do colectivo Lésbicas Creando. Porque o debate é un dos obxectivos que persegue esta cita de Ferrol, en palabras de Ana Amigo. Outro obxectivo é dar visibilidade ao colectivo. A visibilidade significa normalidade. É a única maneira de combater a discriminación, segundo sentencia, Xiana González. Ás 9 da noite está prevista a actuación de Las Antonias e todo acabará cunha sesión de pincha discos a cargo de Nuca a partir das dez e media da noite. O sábado un de xuño na Praza Vella de Ferrol, Dia do Orgullo LGBT. (Na imaxe, Xiana González, Ana Amigo e Sara Díaz)

Sociedade

Publica o teu comentario agora