Visibilizar o cancro

Visibilizar o cancro
10 de Xuño, 2020 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

A visibilidade do cancro, a percepción humana e cánto engordamos no confinamento. Tres asuntos que tratamos en Vilanova.

ESCOITA O PODCAST:

Onte faleceu o músico catalán Pau Donés. O psicólogo José Barcia, destaca hoxe o exemplo que deu coa súa maneira de afrontar o cancro que padecía desde o ano 2015. Dar visibilidade ao cancro é decir que existe. “Cando persoas coñecidas como el ou como Luz Casal e Dani Robira falan públicamente do cancro, están axudando moitísimo ás persoas anónimas que o padecen e non teñen voz” afirma Barcia. Non poder expresalo produce máis dolor personal, familiar e social para eles. Lembra José Barcia o programa de educación física contra a fatiga oncolóxica e a andaina que dan visibilidade a esta doenza, que promove o concello de Fene.

Barcia fala doutros dous temas interesantes, a percepción humana, “As cousas son como son?” ou “Canto engordamos no confinamento?”. Os especialistas están botando contas e parece que entre catro e cinco quilos anda o xogo. Acabou Barcia o programa de hoxe felicitando á súa nai, Cristina Tuccelli, polo seu aniversario. Unha felicitación que quere extender a todas as persoas que pasaron o confinamento lonxe dos seus seres queridos e para chamar á reflexión sobre cal é o trato que damos, socialmente, aos nosos maiores.

(Asociación Por+Vida, integrada por persoas que padecen ou padeceron cancro).

Sociedade

Publica o teu comentario agora