Visita do presidente de Portos de Galicia ás obras de mellora do peirao de Barallobre

Visita do presidente de Portos de Galicia ás obras de mellora do peirao de Barallobre

07 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O novo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, prometeu seguir apoiando actuacións na zona portuaria de Maniños e Barallobre no futuro. Durán acudiu esta mañá ao concello de Fene nunha visita oficial para facer o seguimento das obras nos peiraos de Maniños e Barallobre, unhas obras que cifróu nos 2 millóns de euros. Recibiuno ás 12 do mediodía o alcalde Gumersindo Galego e representantes dos grupos

José Juán Durán afirmou que esta é a primeira pedra da rehabilitación dunha zona que seguirá mellorando pouco a pouco. Primeira pedra, afirmou, que custou 2 millóns de euros. o presidente de Portos de Galicia declarou que a zona gaña moito esteticamente despois da execución das obras.
A actuación nos peiraos de Fene permitiu a dotación de 106 prazas de amarre para embarcacións menores e recreativas pero, afirmou Durán, non se pecha a posibilidade de ampliar o numero.

O alcalde, Gumersindo Galego, declarou que as obras non se dan por definitimente rematadas, abrindo a posibilidade de melloralas e ampliar as dotacións no futuro.

Na visita estiveron presentes representantes dos traballadores do mar. A patrona maior da confraría, Virginia Souto, transmitíulle ao presidente de Portos de Galicia, a satisfacción dos traballadores pola execución das obras que lles facilitarán o traballo no futuro. Portos prevé rematar a actuación nas próximas semanas, probablemente a fin de mes.

As obras consistiron na habilitación de 106 prazas de amarre mediante a instalación de dúas liñas de pantalán, unidas a través dun reparto. As prazas destínanse a embarcacións menores, na súa maioría do sector marisqueiro, e recreativas. Ademais, executouse a dragaxe da zona para ampliar o calado e mellorar a operatividade das instalacións. Finalmente, demoleuse parcialmente a rampla de Maniños, establecendo pasos de auga para mellorar as correntes e instaláronse rampas pequenas para favorecer o marisqueo.

Institucional