Visitando a casa de Rosalía en Padrón

Visitando a casa de Rosalía en Padrón
23 de Agosto, 2019 - 01:58 h. | Publicada por Radio Arzúa

Rosalia de Castro e Manuel Murguía deciden vivir en Galicia e vivir da literatura. Ela publica a súa primeira novela, dá a luz a primeira filla e cara 1860 comeza a escribir poemas en galego. Que o corazón que cante por todos debe ser unha muller, quería Murguía para a literatura galega e Rosalía concibe o primeiro libro publicado totalmente en galego. O 17 de maio de 1863,o dia do trinta aniversario do seu marido, publica Cantares gallegos, e anuncia o país que somos, segundo se asegura na Casa de Rosalía de Castro en Padrón.

Casa de Rosalía de Castro en Padrón

O pobo galego como suxeito político e Galicia como nación é a sintese do esforzo intelectual de Manuel Murguía para crear o discruso da galeguidade. En 1890 funda o primeiro partido político galego, a Asociación Regionalista Gallega. Ao ano seguinte en vilas e cidades xorden os primeiros comités e fan de Murguía o seu presidente de honra.

Cultura

Publica o teu comentario agora