As visitas ao mosteiro de Montefaro

As visitas ao mosteiro de Montefaro
22 de Xaneiro, 2019 - 01:54 h. | Publicada por Radio Fene

O mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares ábrese aos visitantes sábados e domingos de catro a seis da tarde. Tamén os domingos de doce do mediodia a duas da tarde. Conservanse da construción orixinal do século XIV tres arcos apuntados de granito no claustro leste. Tamén pinturas no lenzo mural norte do templo. Asimesmo o xabarín totémico dos Andrade que se pode contemplar no centro de interpretación do mosteiro.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Carneiro é autor do libro "Santa Catalina de Montefaro. O mosteiro no espazo e no tempo"

O mosteiro de Montefaro construiuno Fernán Pérez de Andrade o Bó, en 1392, segundo se recolle nunha lápida, que na actualidade se expon no Museo Arqueolóxico da Coruña. Os traballos de preparación do centro de interpretación de Montefaro custaron 120.000 euros. Recuperouse unha área agora delimitada por un moble expositor no que xa se mostran pezas escultóricas e arquitectónicas que formaron parte da construción gótica. A mostra permite así comprender a igrexa desde a súa orixe gótica, pasando pola reforma barroca, até modificación militar de finais do  século XIX e principios do  século XX.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora