Visitas guiadas a Caldoval

Visitas guiadas a Caldoval
02 de Xaneiro, 2019 - 08:44 h. | Publicada por Radio Fene

O centro de interpretación de Caldoval ofrece nestes dias visitas guiadas a esta reconstrucción dunha vila da época romana. Haberá obradoiros didácticos ás 12 e as 17 horas e visitas guiadas ás 11, 13, 18 e 19 horas. Tamén se programa un obradoiro de cerámica do barro. As inscricións poden facerse no teléfono 687072116

O profesor Fermín Pérez Losada nas xornadas Mugardos Romana. Outubro 2018

Ademáis do centro de interpretación de Caldoval, Mugardos conta cunha das poucas villae romanas escavadas cientificamente no territorio da antiga Gallaecia: trátase da vila de Noville. A orixe do nome debeu ser Vila Nobili, de Nobilius, nome frecuente en libertos e tamén en cristiáns. Permaneceu ocupada entre os séculos tres e seis despois de Cristo.

A vila tiña unha planta en forma de U, centrada sobre un patio aberto cara á ría. Os muros que conforman o edificio son de cachotería de xisto, material predominante na zona. Tamén se usaron pezas de granito en lugares clave como esquinas e xambas. A vila contaba cun malecón ou embarcadoiro e cun hipocausto, sistema de calefacción baixo o solo da casa, propio de residencias señoriais. Tamén apareceu un salón absidado, indicativo da riqueza e prestixio dos propietarios. Hai restos de estruturas de dependencias para a servidume. A dieta incluía peixes, ameixas e lapas. Cultivaban os arredores e dispoñían de ovellas e cabras. Exportaban regularmente froitos do mar á cidade de Lucus Augusti. As escavacións de Noville, con prospeccións xeofísicas,  dirixunas en 1988 e 1989 Fermín P. Losada, contando coa participación de especialistas na época romana como X.Naveiro, segundo sinalan Juan Carneiro e Miguel Rodriguez no seu libro “Historia de Mugardos”.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora