Viva Galiza

Van once anos de xornadas de cultura popular
27 de Novembro, 2019 - 09:27 h. | Publicada por Radio Fene

Un obradoiro sobre o pandeiro cadrado, duas actuacións musicais de Buxainas e Raparigos, e unha mostra de xoguetes tradicionais, conforman a Xornada de Cultura Popular que organiza Berros do Castro en San Sadurniño.

ESCOITA O PODCAST:

Buxainas de Cedeira, Raparigos de Ferrol e os músicos Guillerme Ignacio e Xulia Feixoo actuarán este sábado en San Sadurniño. Impartiráse pola mañá un obradoiro sobre “O Pandeiro cadrado” e abrirase durante toda a xornada unha mostra sobre xogos tradicionais. Todo isto forma parte do programa da Xornada de Cultura Popular organizada pola agrupación Berros do Castro.

Con Ramón Dopico, de Berros do Castro, falamos de cales son os obxectivos xerais dos organizadores á hora de manter esta Xornada que xa cumpre os once anos e que non son outros que poñer en valor as diversas manifestacións da nosa cultura popular. O sábado en San Sadurniño a etnomusicóloga Xulia Feixoo e o músico de Quempallou, Guillerme Ignacio, imparten un obradoiro sobre “O pandeiro cadrado”. Buxainas en Cedeira, investiga, conserva e transmite os valores culturasis da música e danza tradicional e Raparigos leva 50 anos como grupo de gaiteiros. Cóntanos Ramón Dopico que nos anos 80 levaron a gaita galega aos EEUU de América. Actuarán a partir da 20:00h na Casa da Cultura de San Sadurniño.

A xornada do sabado acollerá tamén unha exposición sobre “O xoguete tradicional na nosa cultura” que recopila moitos enredos da colección particular do mestre e investigador dos xogos populares, Antón Cortízas.

Cultura

Publica o teu comentario agora