Viva o Pote de Maniños. 27 e 28 de agosto

Viva o Pote de Maniños. 27 e 28 de agosto

18 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Romaría do Pote de Maniños-Fene- con 78 anos de existencia ás costas, renóvase este ano. A Comisión de festas amplióu a dous dias a festa, coa celebración do Festipote o víspera da romaría. O pregón de Xan Barro ou a comparecencia musical de Lamatumbá e Leilía, entre outros, dan prestixio a unha festa que non quere esmorecer.

Unha gran mexillonada acompañará á romería do Pote o domingo 28 en Maniños- Fene. Seviránse racións de mexillón ao vapor e á vinagreta desde a unha e media do mediodia e pola tarde desde as sete e media. Os festexos en Maniños comezarán o venres 26 co festival de música electrónica.

Xa o sábado 27 prográmase o denominado Festipote, que comezará ás oito da tarde cunha degustación de chourizo ao viño. Actuarán Estimaba que viñeras, Os Tigres do Cañotas e Lamatumbá.

A xornada do domingo comezará ás doce do mediodia con xogos tradicionais. Á unha e media do mediodia comezará a degustación de mexillóns. As duas tarde pronunciará o pregón o presentador de televisión Xoan Barro. Pola tarde ás cinco e media comezará a festa infantil. As sete actuará o grupo de baile de Airiños do Frade e as oito subirá ao escenario Leilía.

A verbena nocturna contará coa participación da orquestra Principal e do DJ Susiño. Ao longo de todo o dia, a charanga Galiza Sound Machine e a banda de gaitas “Ria de Ares” animarán o campo da festa.

Sociedade