Viveiro baterá un récord Guinnes e comprará bicicletas para a vila

Viveiro baterá un récord Guinnes e comprará bicicletas para a vila

01 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Hai algo máis de seis meses que os viveirenses se dedican a recaudar moedas de cinco céntimos cun doble obxectivo, entrar no famoso libro dos récords e conseguir  novos vehículos para o uso dos  cidadáns.

O próximo 2 de abril un notario acreditará en Viveiro que se reuniron máis de 70.000 moedas de cinco céntimos. En total dan unha suma de maís de 3.500 euros que se invertirán en mercar bicicletas que despois calquera viveirense poderá utilizar de forma gratuita.
O récord Guinnes consistirá no maior número de moedas de cinco céntimos postas en liña e terá lugar no campo da festa de Covas. Despois celebrarano cunha cea-baile. Parte das bicicletas que serán postas á disposición da cidadanía presentaranse este sábado na praza da Fontenova.

Sociedade