A vocación do gañador do Curuxa Nova

A vocación do gañador do Curuxa Nova
24 de Xullo, 2020 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

O fenés Hugo Feal Permuy alzouse co primeiro premio Curuxa Nova coa obra "Respira". Sorpresa e satisfacción sentiu cando llo comunicaron. É graduado en Belas Artes e sempre quixo ser debuxante de cómic.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Hugo Feal Permuy

http://173.255.131.18/audio/240720FEAL.mp3

Ten 23 anos e é veciño de Fene. É graduado en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra. Chámase Hugo Feal Permu e é o flamante gañador do Premio Curuxa Nova, para persoas que teñen entre 16 e 25 anos. Non era a primeira vez que se presentaba, fíxoo hai tres ou catro anos, segundo nos confesou. Agora tivo a sorte de acadar este premio Curuxa do 2020 e está encantado porque empeza a darse a coñecer.

O xurado dos Premios Curuxa destacou do traballo de Hugo Feal Permuy titulado “Respira”, “a calidade gráfica e o acabado do debuxo no que salienta especialmente un coidado traballo na composición e na narración da escena”. Tamén salientou “a capacidade de transmitir unha mensaxe crítica sobre a actualidade e a mensaxe que resulta impecable”.

Hugo admira ao debuxante ourensán David Rubín ou ao madrileño, Pepe Larraz. Sente mágoa porque a edición de cómic en Galicia foi a menos. Empezou a enviar currículums a editoriais, de aquí e de fora, porque ten claro que esta é a súa profesión desde que era ben pequeniño. Parabéns e sorte.

Cultura

Publica o teu comentario agora