Voces contra a Violencia

Voces contra a Violencia

29 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Segundo Encontro de “Vozes Contra a Violencia” organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrarase no Pub “Ultramarinos” de Santiago de Compostela. As voces oiranse na noite do día 29 de novembro, ás 21.30 horas.
Esas voces contarán coas poetas:

Iolanda Aldrei
Rosa Henriquez
José Manuel Barbosa
Ro Palomera
Concha Rousia

A convocatoria queda aberta para outras voces tanto do mundo da poesía e a literatura como doutras artes creativas que queiran vir sumar a súa forza facendo oír a súa voz. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia saben da importancia que ten tratar ás persoas afectadas (tanto mulleres como ás súas fillas e fillos) por esta lacra que atravesa a nosa sociedade. Para combater eficazmente o problema da violencia temos que ir á raíz que a alimenta; entón temos que ir ás ideas patriarcais que xustifican a existencia de desigualdades entre homes e mulleres nos distintos ámbitos da vida, persoal, familiar e social. Desde a psicoloxía sabemos tamén da importancia e necesidade de que se produzan mudanzas nas mentalidades, que son a raíz básica destes comportamentos, que están detrás desas actitudes de intolerancia e alimentan a violencia de xénero.

Con ese fin queren levar a voz á sociedade, convocar a sociedade para que alce, na medida que o vaia xulgando apropiado, esa voz e diga:

“NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”.

Sociedade