A voda sobre rodas máis reivindicativa

A voda sobre rodas máis reivindicativa

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“ O gran casorio” chámase a comparsa “A Canteira” de Neda que participará mañá mércores no desfile de comparsas do Entroido en Fene. Os pais do noivo (Familia “A Canteira”) e os pais da noiva ( Familia O Puntal”) comprácense en convidalo ao casorio dos seus fillos Ela e máis El. O convite será no restaurante “cada quen na súa casa”. Preséntanse así esta formación quen nas

Aí si queres que Neda cambie
Pensa ben a quen vas votare
Que despois do voto contado
Non tés nada que reclamare.

Éste é un anaquiño da letra da canción coa que a comparsa “A Canteira “ de Neda deleitará ao público mañá en Fene.

Os trinta compoñentes da comparsa levan traballando arreo desde hai cinco meses na construcción dun bus para reivindicar novas liñas para a parroquia de O Puntal. Máis aí non queda a cousa, os nedenses traerán a Fene toda unha comitiva nupcial, noivos, padriño, madriña, nenos vestidos de invitacións e de agasallos. Non faltará ninguén ao bodorrio carnavaleiro. Tampouco faltará o bispo, que encarna Rubén Río quen explicou esta mañá en Radiofusión a troula que teñen preparada.  

O autobús será o gran protagonista da comparsa e o cartaz reivindicativo da mesma.

Sociedade