Voilà Bualá

Bualá é unha nova tenda de moda que abriu as portas en Fene o 24 de setembro.
08 de Outubro, 2019 - 08:51 h. | Publicada por Radio Fene

Berta Ameneiro traballou no sector da alimentación por conta allea. Agora da o paso como autónoma no mundo da moda que tanto a seduce.

ESCOITA O PODCAST:

Cando entras en Bualá, entras nun espazo amplo, aberto, de teitos altos… A pouco que te adentres, topas co amplo sorriso de Berta. Berta Ameneiro é a moza que escolleu este lugar da avenida Marqués de Figueroa n.º 18 para cumprir co soño de ter o seu propio negocio relacionado coa moda. Bualá inaugurouse o pasado 23 de setembro e abríu as portas o dia seguinte.

Que non vos confunda o aspecto elegante da decoración que ela mesma ideou curioseando por aí adiante de viaxe. As prendas de vestir e accesorios que alí se venden teñen uns prezos máis que asequibles. Así que entrade como fixemos nós para saber máis desta nova tenda de moda. Inaugurouse o 23 de outubro e abríu as portas á clientela o dia 24. Interrogamos a Berta, empezando pola primeira curiosidade, o nome Bualá, que non Voilà.

PD: Con bágoas nos ollos, bágoas de emoción,  Berta quixo que no seu nome agradezamos a David a súa entrega e para todo o grupo de xente que a apoiou, un enorme abrazo. Aí queda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora