A volta ao cole do Chanfaina Lab

A volta ao cole do Chanfaina Lab

11 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cando ainda non pasou o San Roque, hai quen xa se prepara para os labores de setembro. O Concello de San Sadurniño convoca unha nova edición do Chanfaina Lab. As xentes do cine e do audiovisual, profisionais e afeizoados, poden participar nunha experiencia coordenada polo profesor Manuel González e que é un convite a rodar unha curtametraxe con temática libre pero localización en San Sadurniño.

O 4,5 e 6 de setembro volve o Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio rural a través dos ollos de creación audiovisual galega.

Está aberto a tódalas persoas que queiran participar gravando unha peza ou axudando á dirección nas súas gravacións polas sete parroquias. Se prefires estar diante da cámara, tamén precisan actores e actrices de todas as edades.

As persoas interesadas poden contactar coa organización a través do correo electrónico chanfainalab@gmail.com, polas redes sociais ou chamando ó 687 532 890.

O ano pasado, na primeira edición, participaron Xacio Baño, Marcos Nine, Alfonso Zarauza, Xurxo Chirro, Otto Roca, Brais Breijo, Belén Montero/Juan Lesta, Víctor Hugo Seoane/Jaione Camborda, Ángel Santos Touza, Alberte Pagán, Mario Iglesias, Ary López, X. Manuel Sande, Guillermo Arias-Carvajal, Ánxela Caramés/Xisela Franco, Pablo Portero e Fer Patiño.

 

Sociedade