Volta atrás no tempo en Sedes da man do Oenach Atlántico

Volta atrás no tempo en Sedes da man do Oenach Atlántico

27 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta fin de semana terá lugar a XI edición do Oenach Atlántico. Celebrarase na naronesa parroquia de Sedes e alí fusionarase a música coa tradición celta.

O venres ás 9 da noite dará comezo esta nova edición. A música galiciana será a protagonista desa 1ª noite de festa na Feira do Trece. Xa o sábado o comercio artesán e as exposicións, xunto co Oenach gastronómico ás 2 da tarde serán as principais citas da xornada. Pola noite o Castro de Eiravedra acollerá as tradicionais representacións teatrais ao ar libre. O domingo 2 de agosto, será a derradeira xornada do Oenach deste ano. Continuarán abertos os postos de artesanía e dende as 10 da mañá ata as 2 da tarde recrearase o Oenach, no que os participantes se vestirán con traxes da época. O domingo ás 8 do serán, o Oenach despedirase ata o ano que ven.A parte destas citas na Feira do Trece, Aldea Nova tamén participará nesta XI edición, xa que alí haberá unha ludoteca de xogos tradicionais durante a fin de semana.

Sociedade