Voluntarios inspeccionan a calidade dos ríos

Voluntarios inspeccionan a calidade dos ríos

02 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, desde o programa Voluntariado Verde, está a traballar no primeiro dos seus bloques de actuación correspondente ao  programa de Defensa dos Ríos. Unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. O grupo de voluntarios acompañados por membros da Asociación de Veciños de Beán participaron na inspección da calidade das augas nun tramo do r&i

Durante a actividade os veciños, coa axuda dos voluntarios, aprenderon a tomar mostras para determinar os parámetros físicos, químicos e biolóxicos do seu río, determinando así o estado do mesmo. Con esta actuación, preténdense levar a cabo inspeccións periódicas do estado dos ríos da comarca, co obxectivo de protexer, manter e recuperar a calidade das augas.

Desde o Programa de Voluntariado Verde, animan ás asociacións de veciños, agrupacións ou colectivos a que se impliquen de forma desinteresada na mellora das condicións dos ríos que pasan polas parroquias do municipio. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, "o obxectivo destas inspeccións é establecer unha rede cidadá activa na protección dos nosos ríos, que permita coñecer o estado de saúde, protección e conservación dos ríos que pasan polas diferentes parroquias do Concello de Ordes".

Sociedade