Volve en xullo o Verán máis alá do concello de Fene

Volve en xullo o Verán máis alá do concello de Fene

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O Verán máis alá” xa está ás portas. Dende o dia 1 de xullo, e ao longo de catro semanas, desenvolveranse actividades deportivas e de ocio en diferentes instalacións municipais, anque a base será o colexio de Centieiras de Perlío. Favorecer a conciliación familiar e laboral é un dos obxectivos deste Verán máis alá que a concelleira de cultura e deportes, Carmen Silvar, presentou esta mañán e

As letras a flote; leo que te leo; Comunica…ción; Piloto encendido ou xornaleando son os rimbombantes epígrafes dalgunha das ofertas. O verán máis alá diríxese ao alumnado de educación infantil e primaria, que ten entre 3 e 12 anos. Desenvovlerase no colexio Centieiras de Perlio dende as 10 da mañán ás 2,30 da tarde, si ben as familias que o necesiten poden levar aos pequenos-as xa dende as 8 da mañán.

Os escenarios pensados para algunhas actividades levarán aos pequenos polo parque A Galaxia Imaxinaria, pola piscina municipal ou polo parque de educación viaria en Barallobre. O verán máis alá dispón este ano de 120 prazas que hai que solicitar formalmente no departamento de cultura do concello de Fene, os dias 31 de maio, 1 e 2 de xuño para os empadroados en Fene, ampliandose o horario, de 9 da mañán a 7 da tarde.

O prezo por rapaz será de 66,75 euros e a partir do segundo membro da unidade familiar hai que pagar 36 € máis.    

Sociedade