Volve o fútbol

Volve o fútbol
05 de Xaneiro, 2023 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

O fútbol afeccionado volve competir o vindeiro domingo logo do descanso do Nadal. Analizamos en Radio Fene como se presenta a primeira xornada de 2023 para os equipos de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía Xan Xe

En Primeira Galicia, o Maniños visita ao Narón. No campo do Cadaval ás 16:30 horas. Ao Narón non lle están saíndo as cousas como outros anos pero o adestrador do Maniños, Pablo Mesa, pensa que é un gran equipo. 

En xornada matutina e na Segunda Galicia o Maniños B recibe ao líder do grupo, o Cebarca. As 12:00 horas, no campo do Pote. O Maniños B intentará xogar o seu fútbol, para o técnico Michel Rodríguez. 

Tamén na Segunda Galicia, o Perlío  recibe nos Pinares ao San Sadurniño. O encontro comezará ás 16:30 horas. O adestrador do Perlío, Gonzalo Beceiro, agarda un partido  atractivo.  

Na mesma categoría, o Barallobre desprazase a Moeche. Xogará ás 17:00 horas no municipal. O Moeche é un equipo moi loitador, lembra o míster do Barallobre, Miguel Carballeira. 

Segunda división galega feminina. Esta fin de semana dispútase a undécima xornada. O Maniños recibe no Pote ao Galicia de Caranza. 16:30 horas do domingo. “Outro derby”, indica o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “Agardo un partido disputado e bonito para que o público se divirta”. Das rivais opina “é un equipo novo, xogan ben ao fútbol”.

As mozas do Perlío retoman a competición co afán de superar a un “rival duro”. Este domingo viaxan á Coruña para enfrontarse, ás 16:00 horas ao Eirís. Para o adestrador, Carlos Carballo, Vinky, a clave é tratar de adiantarse no marcador.

Deportes

Publica o teu comentario agora