Volve unha maior reclusión

Volve unha maior reclusión
13 de Xaneiro, 2021 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia adianta a partir do venres o toque de queda ás 22:00 horas e toda a hostalaría deberá pechar a partir das 18:00 horas. Son algunhas das medidas previstas para minimizar no posible a terceira vaga da Covid19.

Galicia adianta a partir do venres o toque de queda ás 22:00 horas, toda a hostalaría deberá pechar a partir das 18:00 horas e os comercios terán un horario máximo até as 21:30 horas. Estas medidas súmanse ás recomendacións de evitar ao máximo as reunións ou encontros con non convivientes, que están limitadas a catro persoas en toda a comunidade, e de levar a cabo unicamente actividades "esenciais". Destas medidas e recomendacións informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste martes. Nela, informou de que, con carácter xeral, "non hai ningún concello que non estea sometido" a restricións en toda Galicia e todos quedan comprendidos nos dous niveis máis altos de protección conforme ao protocolo establecido.

Feijóo fixo a "recomendación" de levar a cabo só "o esencial", como é "acudir ao médico, colexios, coidado de maiores e menores, acudir a comercios a comprar aveños indispensables e acudir con normalidade ao traballo", aínda que neste punto fixo fincapé en que "sempre que sexa posible" se recupere o teletraballo. As principais restricións son un máximo de catro persoas en reunións públicas e privadas. Feijóo indicou que, "de non facer nada", o pico da terceira onda produciríase a finais de febreiro pero que, con estas medidas, espérase poder adiantala a finais de xaneiro ou principios do próximo mes. As medidas durarán, polo menos, até mediados de febreiro, confirmou o mandatario autonómico, quen tamén apuntou que con elas se pretende minimizar a presión hospitalaria e os ingresos en UCI.

Institucional

Publica o teu comentario agora