Volven atopar a Perla do Río

Volven atopar a Perla do Río

23 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Perla do Rio é o nome dunha rondalla recén creada en Perlío (Fene A Coruña) co músico Daniel Adzemián como director. Son de momento 20 membros, a maioría mulleres e contarán con varios instrumentos. O seu proxecto quere lembrar a rondalla que Perlio tivo vai para 40 anos.

O director, Daniel Adzemián encara o proxecto con ilusión, tanta como puxeron as componentes, anque, declarou en Radio Fene que hai moito por facer. De momento Perla do Rio porase a traballar no mes de maio cos primeiros ensaios. E avisan que faltan voces masculinas retando aos varóns da parroquia que teñan oído, a sumarse ao cadro musical.

Sociedade