Volven as Meninas de Canido

Volven as Meninas de Canido

07 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No ano 2008 comeza esta acción reivindicativa no barrio de Canido (Ferrol A Coruña). Empregando o propio barrio como soporte artístico , píntanse Meninas nas fachadas das casas abandonadas para tentar encher de cor tanta decadencia urbana. A esta iniciativa comezan a sumarse pintores durante tres edicións e actualmente unhas 180 pinturas crearon unha autentica pinacoteca nas paredes de Canido. Esta acción conseguiu que o barrio sexa un referente cultural ao qu

Ao redor de 200 persoas do mundo da pintura, fotografía, baile, música e todo tipo de creación artística. Converten as rúas e prazas de Canido en lugares de arte, utilizando como "desculpa" o motivo das "Meninas". Converteuse nunha proposta de intervención artística global. Preparan para o sábado 7 e domingo 8 de setembro do 2013 unha nova edición.

O promotor: Eduardo Hermida (Ferrol 1965)

Estuda na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso na Coruña especializándose en debuxo publicitario.

Despois de traballar como deseñador gráfico en diversas axencias de publicidade, cursa estudos de escaparatismo obtendo o título de profesor e comeza o seu labor de mestre en diversas cidades galegas traballando para a federación galega de comercio e a UXT. Durante un ano traballa como escaparatista no CORTE INGLÉS

No ano 1999, regresa a Ferrol para dedicarse á pintura e establece o seu estudo no barrio de Canido onde crea unha escola para fomentar o ensino infantil entre os mozos do barrio.

Combina estas actividades coa música, a súa gran paixón, formando un dúo con Pepe Doré (Os fabulosos fockink brothers) realizando máis de 600 actuacións por toda España en teatros e locais de concertos gañándose unha recoñecida reputación entre os circuítos cómicos polo seu espectáculo cargado de ironía e humor.

Realizou unhas 150 exposicións de pintura en diversas galerías de Galicia e actualmente a súa obra céntrase entre a fotografía e a pintura tentando fundir estas dúas disciplinas dunha maneira moi gráfica influenciado polos seus estudos de deseño.

Ilustrou diversos libros infantís entre os que destaca PUNVER con textos de Yolanda Castaño que bateu marcas de vendas e foi seleccionado polo xornal El Pais para a súa colección "Un país de contos". Realizou murais para diferentes concellos da provincia destacando o realizado con 75 nenos nos baixos do concello ferrolán cunha lonxitude duns 100 metros.

Cultura