Volven o Carme, o Divino Salvador e o Pote a Maniños en 2011

Volven o Carme, o Divino Salvador e o Pote a Maniños en 2011

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A festa volverá a Maniños no ano 2011. Despois de 5 anos sen celebracións, un animoso grupo de veciños e veciñas da parróquia formaron xa a comisión organizadora, venden a rifa dunha cesta do Nadal e preparan para comezos de decembro unha cea-baile das asociacións.

A totalidade das entidades de Maniños prestan o seu apoio e colaboran coa comisión. Scracht Fene, a Asociación Veciñal da Armada, a cofradia do Carme, xunta Parroquial, Cultural Maniños, Aetna e a asociación O Pote, sumaronse á iniciativa que anuncia xa a celebración dos festexos da Virxe do Carme, do Divino Salvador e a tradicional romería do Pote. Unha das compoñentes da comisión de festas, Mariela Aguilar, afirmou que de facer, facelas todas.
De aquí ao mes de Xullo, a comisión ou as entidades colaboradoras celebrarán diferentes eventos cos que recadar fondos.

Sociedade