Volver ao IES de Barallobre 25 anos despois

Volver ao IES de Barallobre 25 anos despois

22 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira promoción de alumnos-as do Instituto de Bachelerato de Barallobre (do curso 1984-1985) vaise reunir no 25 aniversario do centro para recordar aqueles gloriosos anos. Celebrarán, aló por Maio, un acto no propio Instituto e despois un xantar e un baile. O lugar está por determinar, pendente do numero de xente que finalmente conteste á convocatoria.

Difícil está a resultar contactar cos alumnos máis antigos do IES Fene porque moitos mudaron de domicilio. O centro enviou unhas 300 cartas das que obtiveron de momento 50 respostas, segundo o director, Xoan Vázquez. Os promotores da cita abriron unha conta de correo electrónico con esta dirección: institutobarallobre @ yahoo.es ou en facebook, en institutobarallobre. A convocatoria ábrese a todos-as os que foron alumnos do IES non só ós da primeira promoción, segundo Sechu Rodeiro, un dos promotores.

Para Sechu Rodeiro, aquela foi unha época moi bonita, saían das saias da nai e entraban noutro mundo. Como era un centro de nova apertura, os profesores eran moi novos, só dez anos mais vellos que os alumnos, por iso había moita complicidade. Carlos Ardao, outro alumno daquela primeira promoción, contaba esta mañán na Fenestra de Radiofusión que aquel primeiro curso foi moi movido porque antes ubicáronnos no colexio A Xunqueira e en febreiro subiron a Barallobre.

Entre as anécdotas que contaron está a do profesor de Música que apareceu un dia no centro subido nun burro, pero claro, era antroido. En fin que ex alumnos do IES de Barallobre que desexen unirse a este 25 aniversario, poden poñerse en contacto co centro. Teñen ata o 14 de marzo para pensalo

Sociedade