Volver... ao Instituto de Barallobre

Volver... ao Instituto de Barallobre

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro domingo remata o prazo para apuntarse á cea-baile que organizan un grupo de ex-alumnos do IES de Fene para conmemorar o vintecinco aniversario do centro. O encontro celebrarase o vindeiro 21 de maio no restaurante "Casa Peizás" de A Capela, Previamente, está previsto un acto institucional nas propias instalacións do instituto.

Moi satisfeitos polo eco que acadou a súa iniciativa, os organizadores desta festa do 25º Aniversario do Instituto de Barallobre aseguran que, nun principio, non contaban con poder chegar a tanta xente porque "despois de tantos anos, o contacto entre os antigos compañeiros se fora perdendo". Un deles, Carlos Ardao, asegurou a Radiofusión que "a creación dun perfil de Facebook foi fundamental para difundir a idea, así como a colaboración do actual equipo directivo do centro".

As actividades do vindeiro 21 de maio comezarán cunha recepción no Instituto aos antigos alumnos e mestres participantes. Aínda que, polo de agora, o programa non está de todo pechado, sí se adiantou a participación no acto dun dúo de gaita (amais dos discursos pertinentes). O mesmo día, a partir das nove da noite, comezará en Casa Peizás unha cea-baile de confraternidade.

Aínda que as previsións iniciais apuntaban a unha participación elevada nos actos de aniversario do IES de Fene, segundo Carlos Ardao, "a día de hoxe, son moi poucas as persoas que confirmaron realmente a súa asistencia (facendo efectivo o pagamento dos 47 euros que custa a cea). O prazo para anotarse remata o vindeiro domingo.

Sociedade