Vontade de ferro

Vontade de ferro
30 de Setembro, 2019 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

Unha vontade de ferro e unhas gañas titánicas amosan os xogadores do Pote na Segunda Galicia de fútbol. Vilarmaior 1 O Pote 2. O equipo adestrado por Manuel Freire figura empatado a sete puntos co líder da clasificación, o Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Alejandro Castro Bouza defendeu onte a portería do Pote

“Foi un partido disputado porque o Vilarmaior cambia  moito de xogar no campo da casa a fora. Tivemos un despiste defensivo e nos meteron o gol antes do descanso. Empezamos ben a segunda parte, concentrados no partido. O primeiro gol foi de Alex Feal (procedente do Numancia xuvenil) e o segundo de Xabi Jimenez (do xuvenil do Maniños). Non fixemos o xogo tan bonito, pero fomos efectivos” afirma o adestrador Manuel Freire.
O técnico quítalle importancia ao feito de ir por diante na táboa o Pote (filial do Maniños a pasada tempada) e superar ao Cultural Maniños. “A clasificación é puntual. Dias malos témolos todos. O lóxico é que eles estean por diante nosa, porque teñen un bo equipo” apunta Freire.
O adestrador do Pote fala do próximo partido co Perlío, un encontro de rivalidade e de máxima dificultade: “Temos moito traballo por diante. Non e casualidade que un equipo leve tres ou catro anos sempre entre os tres primeiros. Teñen un bo adestrador que fai moi bo conxunto cos seus xogadores. Para min é un dos equipos que teñen gol. Isma ou Varela con nada acertan diante da portería contraria. Para min, Pocho é un xogador doutra categoría, con moito perigo”.

Deportes

Publica o teu comentario agora