A vontade liberadora de Ana Varela

A vontade liberadora de Ana Varela
06 de Xuño, 2019 - 09:01 h. | Publicada por Radio Fene

Xohana Torres lembroulle ás mulleres que non abondaba con ter “un cuarto propio” senón que se precisaba tamén vontade liberadora, capacidade para atravesar vidros e derrubar montes. Ana Varela (Asombrario. 2018) apela a Virxinia Woolf e fala da necesidade dese espazo pero tamén dunha rede de xente que axuda a manter a independencia.

ESCOITA O PODCAST:
Ana Varela no Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

“Na obra poética hai inocencia, pero tamén hai algo de ti, do teu xeito de mirar o mundo,  aínda que non sexa un texto marcadamente intencional” indica a escritora que reclama tamén “momentos de pausa para non afastarnos da natureza, da observación e das persoas”.
Asombrario, de Ana Belén Varela Miño é un dicionario de asombros. A autora, con sutileza, elegancia e fluidez, “pon en valor a propia palabra, o propio corpo da palabra, o que significa en sí mesma” afirmou o xurado do Certame de Poesía Francisco Añón no ano 2017 ao concederlle o primeiro premio. Varela cita á escritora canadense Anne Carson;"No fondo do océano hai unha capa de auga que nunca se moveu".  

Ana Varela adora ler, está aprendendo a surfear e cando pode escribe. Declárao así nas notas biográficas que se inclúen ao remate de Asombrario, libro publicado en maio de 2018.

Cultura

Publica o teu comentario agora