Votación en Ferrol para reclamar un pacto galego contra a pobreza

Votación en Ferrol para reclamar un pacto galego contra a pobreza

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Segundo a Rede Social Ferrolterra, resulta inaceptable que nas nosas sociedades se manteñan na actualidade bolsas de pobreza e de exclusión social próximas ao 20 por cento da poboación. Dentro da Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza, a Rede Social Ferrolterra convida a tódolos veciños da comarca a participar no acto que se celebrará esta tarde na Praza do Inferniño de Ferrol. A organización, formada por Axuda en Acci&oacute

Dous son os obxectivos fundamentais da campaña: por un lado, acadar o compromiso dos países desenvolvidos para unha loita efectiva contra a pobreza, e por outro, promover un cambio das políticas estructuralmente inxustan que rexen, segundo a Coordenadora, as relación Norte-Sur nestes intres.

Máis de corenta organizacións a nivel galego e 400 a nivel estatal respaldan esta reivindicación, inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que 190 países prometeron cumprir antes de 2015 para erradicar a pobreza no mundo.

Dende a Rede Social Ferrolterra lembran que o ano pasado se asinou un Pacto de Estado contra a Pobreza por parte de todos os partidos políticos. Agora, a campaña de Pobreza Cero en Galicia persegue acadar o mesmo a nivel autonómico: un Pacto Galego contra a Pobreza. Quen queira respaldar esa reivindicación pode facelo esta mesma tarde, nunha votación popular que se celebrará na Praza do Inferniño, entre as seis e as oito do serán.

Sociedade