Vou pola AP9

A tribo das flores presentouse en Barallobre cun repertorio curioso
25 de Febreiro, 2019 - 09:04 h. | Publicada por Radio Fene

A festa Mariñeira celebrarase no mes de setembro. O concelleiro responsable de turismo, Juan José Franco, anunciouna coa incógnita de quén a organizará porque no mes de maio hai eleccións.

“Vou pola AP 9” unha canción para reivindicar a eliminación das peaxes na Autopista do Atlántico. Formou parte do repertorio da Tribo das Flores, o grupo liderado por Roger de Flor. Nico Vidal no acordeón, Sergio Galego na percusión e as voces de Silvia Fralleoni, e Amparo Arias integran a formación. Cancións en galego, castelán, inglés e italiana acompañaron ao público asistente na tarde do sábado na Liga de Amigos de Barallobre.

O evento serviu como presentación da Festa Mariñeira que se celebrará en setembro na ribeira de Barallobre. Representantes da Liga de Amigos, Sociedade O Pote de Maniños e Asociacións Veciñais de Limodre e Magalofes explicaron os pratos cos que concurrirán á celebración. As persoas asistentes degustaron ameixas á mariñeira, vieiras ao forno e tortilla de berberechos entre outras viandas. O alcalde Gumersindo Galego agradeceu ás entidades a súa colaboración co vento.

Cultura

Publica o teu comentario agora