A voz das mulleres de Boiro

A voz das mulleres de Boiro

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Centro de Información a Muller do Concello de Boiro acolle este mércores 9 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, unha confererencia onde se exporán varias testemuñas dos problemas, dificultades, facilidades de mulleres procedentes doutros países que decidiron asentarse en Boiro e de mulleres de Boiro que tiveron que deixar o seu pobo.

Estas mulleres relatarán en primeira persoa a súa experiencia nos países aos que chegaron. Tamén   haberá unha pequena exposición sobre a conciliación vida laboral e familiar e outra sobre como afrontar os retos de hoxe como muller. 

O evento terá lugar no Centro Social de Escarabote ás 20.00 horas.

Sociedade