A voz de Castelao

Inaugúrase hoxe a exposición sobre o último discurso "Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia"
07 de Novembro, 2018 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

O Consello da Cultura Galega inaugura hoxe, dia 7 de novembro, a exposición “Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia” en San Domingos de Bonaval. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo inauguran a mostra ás oito da tarde. Permanecerá aberta ata o 3 de febreiro de 2019.

ESCOITA O PODCAST:

"Alba de Gloria" recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, o último que daría o célebre autor e intelectual de Rianxo na súa vida. A mostra, comisariada por Manuel Gago, pretende plasmar, empregando tecnoloxía innovadora, a alocución que Castelao pronuncióu en 1948 en Bos Aires e que encerra en sí mesma dous grandes valores: ser unha peza clave para a oratoria en língua galega e ser unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega á hora de citar as figuras relevantes que axudaron a configurar a nosa cultura.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 3 de febreiro. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada do presidente de honra da Institución e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e a terceira tenente de alcalde do Concello de Santiago, Marta Lois, inauguran a exposición “Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia” en San Domingos de Bonaval.

Pola mañá, ás 12:00 horas, terá lugar unha rolda de prensa, onde intervirán a presidenta da institución e o comisario da mostra, Manuel Gago. Realizarase un percorrido guiado e poderase vivir a experiencia de mergullarse no discurso pronunciado por Castelao en Bos Aires a través da tecnoloxía inmersiva. A mostra recrea o contexto e a historia do que foi o último gran discurso do intelectual rianxeiro e o máximo exemplo de oratoria en lingua galega. Existen recursos sonoros, todos eles procedentes do fondo do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG). Na exposición hai un apartado que se chama “A Cultura do discurso”, na que se poden escoitar fragmentos editados de discursos da época, co que se pretende dar a coñecer a significación que tiña na época de Castelao, un discurso. Son audios de Maruxa Boga, Ramón Suárez Picallo, Ramón Otero Pedrayo, Coplas do pobo e Francisco Fernández del Riego, ademais de dous fragmentos do audio da recreación do discurso (versión curta e longa), coa voz de Castelao.

Cultura

Publica o teu comentario agora