A voz de Lois Pereiro

A voz de Lois Pereiro

16 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

No verán de 1984 Lois Pereiro participou nun recital conxunto dos poetas De amor e desamor en homenaxe a Castelao. O grupo poético quería así  sumarse ás voces que reivindicaban o pensamento de Castelao, nuns momentos polémicos dado que a Xunta de Galicia acababa de traer os seus restos para o Panteón de Galegos Ilustres, entre as protestas nacionalistas.

Lois Pereiro levou á poesia galega, uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade. Manten un compromiso radical coa sociedade e co mundo no que vive. “Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse” reclamaba nunha das súas obras. Lois Pereiro, escritor ao que se adica o Dia das Letras Galegas do 2011.

Poema Despois

Agora a peniténcia
os arrepios
todo pechado dorme e falsifica,
frío en conserva
ou febre delongada.

 

(Continuará)

Cultura