We Are Standard aterra esta semana en Galicia para presentarnos o seu segundo disco

We Are Standard aterra esta semana en Galicia para presentarnos o seu segundo disco

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O grupo bilbaíno, referente no panorama independente estatal, chega esta semana a Galicia con motivo da xira de presentación do seu novo e homónimo álbum. Un traballo gravado en Londres ás ordes de Andy Gill, produtor tamén de Gang Of Four; e que conta cun remix de Arthur Baker (New Order, David Bowie, etc) e con outra revisión do grupo Cazals, como comentou en Radiofu

We Are Standard están considerados como un dos grupos estatais que máis destacan en directo, con dúas baterías enfrontadas que conseguen unha contundencia única. O seu segundo disco publicouse en novembro de 2008 en CD e en LP, cunha edición limitada en vinilo de 180 gramos + CD no seu interior.

O grupo vasco xa presentou We Are Standard no Festival CMJ de Nova York, en Madrid e en Bilbao, cun rotundo cheo neste concerto.

 

Sociedade