Xúlio Lago: “Estrear as 'As actas escuras´era unha obriga institucional”

Xúlio Lago: “Estrear as 'As actas escuras´era unha obriga institucional”

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unha débeda pública contraida hai 18 anos págase esta noite. A obra As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño, gañou en 1992 Premio Xacobeo de Textos Teatrais, o que significaba, segundo as propias bases do certame, que sería publicada e representada polo Centro Dramático Galego. O texto quedou nun caixón ata que, durante o Goberno bipartito, decidiuse que era hora de sacalo á luz. O cambio en San Caetano volveu xerar incerteza sobre a

Inexplicable e absurdo” foi, segundo Lago, que a Administración non cumprira co compromiso de levar á escena a obra premiada. Entende que deste xeito se creou un falso mito arredor desta peza cuxo argumento céntrase nunha investigación sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela da segunda metade do século XIX. O que se van atopar os espectadores, explicou o director, non será un texto sacrílego, senón un obra de intriga que formula reflexións sobre a ocultación de verdade e o sentido da ética.

En canto aos obstáculos máis recentes que tivo que superar o proxecto, Xúlio Lago cualificou de “moi grave” que se pensase en “cancelar un proxecto institucional e deixar sen traballo a profesionais que xa estaban nomeados”. “Afortunadamente todo chegou a bo porto”, destacou ao director e ás nove desta noite inaugúrase a tempada de teatro público.As actas escuras representarase ata o domingo 7 de febreiro no Salón Teatro, onde ofrecerá cinco pases semanais, e despois viaxará por Narón, O Barco, Tui, Vigo, A Coruña, Ourense e Ferrol.

Sociedade