X Maraton: Fene lendo mulleres

X Maraton: Fene lendo mulleres

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concelleira de muller e benestar de Fene, Rocío Rey, inaugurou ás 9 da mañán a maratón de lectura “Fene lendo mulleres” nas dependencias da Biblioteca municipal de Fene. Deu lectura ao Manifesto escrito neste ano 2010 pola poeta Dulce López Rivera, diante dos alumnos e alumna do Colexio A Xunqueira de San Valentín, os máis madrugadores este ano.

O alumnado dos centros escolares feneses pasará ao longo da mañán pola Casa da Cultura para leer textos de autoras de todo o mundo. A concelleira da muller agradeceu aos escolares e profesorado a sua participación na maratón e o traballo previo que realizan nas aulas arredor deste Dia da Muller.

Pola tarde serán mulleres de todo tipo e condición as que se acheguen para cerrar a clásica Maratón de Fene neste 8 de Marzo. Ás 19:30 horas comezará o espectáculo "Palabras de Muller" realizado e protagonizado por Charo Pita, subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa Letras Vivas Animación.

As 20.00 horas, o Cantón de Molíns de Ferrol será o punto de encontro do Día da Mulelr, na concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema “Cen anos loitando, cen anos creando”.

Sociedade