Xabier Díaz, a rosa dos ventos.

A XXX Xuntanza de Gaiteiros réndelle homenaxe ao músico singular
26 de Outubro, 2018 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

A investigación, a creación e a interpretación fan de Xabier Díaz un músico completo e digno representante da música galega que leva polo mundo adiante. O coiro da súa pandeireta leva tatuada a rosa dos ventos.

ESCOITA O PODCAST:

Xabier Díaz será homenaxeado o sabado na XXX Xuntanza de Gaiteiros que organiza a Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene. O músico, que vive un momento dourado coas Adufeiras do Salitre e o seu último disco "O baile de Noró", acudirá a Agarimo para recibir o galardón que o distingue como digno propagador da música popular galega. O presidente da Banda Airiños de Fene resumenos as razóns polas que elexiron este ano a Xavier Díaz, entre elas o seu labor de investigador do patrimonio musical galego.

Á XXX Xuntanza, que presentará Ana Santiago, acudirán amigos do homenaxeado como Guillerme Fernández ou Guadi Galego, Fernando Barroso e Alfonso Merino. Por suposto abrirán e pecharán a xuntanza os grupos Xirifeiras e Xerfa, así como a Banda Airiños de Fene. A Xuntanza é o sabado 27 de outubro ás 19:30 horas nos locais da Sociedade Cultural Agarimo de Sillobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora