Xaime Bello: Galiza despertou hoxe con outra mala noticia

Xaime Bello: Galiza despertou hoxe con outra mala noticia

08 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sector naval foi, é, e seguirá a ser bandeira do BNG no Congreso dos Deputados. Precisamente esta mañá en Ferrol os nacionalistas presentaron o boletín de pre- campaña para as Eleccións Xerais do 20 de novembro. De mestres de cerimonias na Praza de Armas fixeron o ex alcalde de Ferrol, Xaime Bello, candidato do Bloque ao Senado, e Jessica Fernández Polo, candidata nº3 ao Congreso pola provincia da Coruña. En declaracións a Ra

 Xaime Bello pronunciou duras palabras para o que está a acontecer no sector financiero galego que hoxe de despertou con outra mala noticia para Galicia, a perda do Banco Pastor. A candidata nº 3 do BNG ao Congreso pola Coruña tamén é da comarca, Jessica Fernández, orientadora no IES Terra de Trasancos de Narón, manifestaba esta mañán que hai que rachar coa rutina electoral do bipartidismo porque PP e PSOE fan a mesma política de recurtes.

Baixo o título de “a alternativa útil para Galiza” o BNG repartíu esta mañán en ferrol e no resto das cidades galegas un boletín pre-electoral no que presentan aos candidatos-as, explican as iniciativas levadas ao Parlamento polo BNG e esbozan os obxectivos diante da cita do 20N.

Sociedade