Xan Campos presenta disco e a irreverencia chega ás rúas de Vigo

Xan Campos presenta disco e a irreverencia chega ás rúas de Vigo

23 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O xoves 23 de xuño, noite de San Xoán, a sétima edición de Imaxina Sons emprende a súa recta final. Faino cun programa cargado de concertos na rúa, no auditorio municipal e no club Quomo, e da proxección da película Jazz en liberdade no MARCO, un  documental asinado por Xes Chapela que recolle a efervescencia jazzeira da vila de Cangas e que foi premiado co Mestre Mateo ao mellor documental na última convocatori

Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie. Sete músicos orquestran toda unha serie de pezas ao estilo Dixieland para ofrecer actuacións divertidas e alegres, con vocación popular. Desbundixie é un grupo orixinario de Leiria, no centro de Portugal, que xa participou desde a súa creación en 2010 en festivais de jazz tanto no seu país como fóra, tal é o caso do festival de dixieland de Canterbury, no Reino Unido. No ano 2008  presentaron o seu primeiro cd titulado Kick'n Blow; ao ano seguinte editarían Up 2 Nine coa participación de Maria João na voz e Filipe Melo no piano. Nas rúas e prazas de Vigo mostrarán os seus puntos fortes: irreverencia e improvisación para destacar a faceta máis popular  e divertida da música de jazz.
Co concerto de Xan Campos Trío o Imaxina Sons está a programar o talento do novísimo jazz feito en Galicia. O pianista de Cangas, nacido en 1987, leva unha abraiante traxectoria se atendemos á súa xuventude.  Coñece ao batería Iago Fernández no Seminario

Cultura