Xan Carallás disfrazado de garota brasileira, imaxe do entroido deste ano

Xan Carallás disfrazado de garota brasileira, imaxe do entroido deste ano

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O cartel co lema Polo río de Janeiro baixaba unha garota obra dos redondeláns Pablo Giraldez Pastor e Beatriz Rodriguez foi o gañador do certame convocado pola Concellería de Cultura. A imaxe, premiada con 500 euros, foi elexida entre un total de 17 traballos presentados por 12 autores. Un cartel anunciador que en breve poderá verse nas rúas da vila.

O entroido deste ano, segundo explicou o edil de cultura, Eduardo Reguera pretende potenciar as actividades dirixidas exclusivamente aos máis pequenos. Así o luns 23 celebrarase por primeira vez, o entroido dos nenos, unha xornada na que os rapaces poderán gozar con obradoiros de maquillaxe, globos, papiroflexia e outras actividades que se desenvolverán na praza da Constitución.

Ademais o domingo o tradicional desfile de comparsas encherá as rúas de cor e disfraces. Dende o Concello apoiase a participación das comparsas con distintas subvencións que van dende os 300 euros para os grupos de menor tamaño aos 500 euros que recibirán aquelas agrupacións que superen os 80 membros. Os que queiran participar deben anotarse no rexistro do concello ou no teléfono 986 400 106 antes do 18 de febreiro.

Queima da crise

O martes día 24 chegará a xornada de maior participación popular coa celebración das comidas de entroido. Os grupos espallaránse polas rúas do centro que se pecharán ao tráfico e xa de cara a noite chegará a queima do meco, que este ano representará á crise económica mundial.

Cultura