Xantares de Nadal para levar

Xantares de Nadal para levar
22 de Decembro, 2020 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

Este Nadal apostamos pola comida para levar. É máis necesario que nunca apostar pola hostalería local.

ESCOITA O PODCAST:

Andamos en Radio Fene cos preparativos culinarios do Nadal, meténdonos na cociña do Mesón Aturuxo de Fene, un dos establecementos que cociñan para nós en Noiteboa e Nadal. Falamos co cociñeiro Jorge López quen non para de recibir encargas. Mañá 23 de decembro aínda cabe a posibilidade de reservar calquera dos pratos do menú ou das sobremesas que alabora para a ocasión. Nós xa eleximos, unha lasagna de vieiras e queixo de tetilla. O prezo son 8,50€ a ración.

Cultura

Publica o teu comentario agora