Xavier Vence: “Precísase unha organización amable para que quen deixou o BNG volva ao nacionalismo unido”

Xavier Vence: “Precísase unha organización amable para que quen deixou o BNG volva ao nacionalismo unido”

25 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Ao final hai que ter claro que cando un aposta por ir nunha dirección que unha parte da organización non considera oportuna, cómpre que sexan outras persoas as que collan o temón”. Xavier Vence reflexiona así sobre o seu adeus ao cargo de voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego que deixará, logo de tres anos, na XV Asemblea da fronte que se vai desenvolver este domingo 28 de febreiro

Xavier Vence repite en varias ocasións a palabra “amable”. Mantén que o mandato que saia da Asemblea Nacional ten que “manter o Norte do proxecto nacionalista de esquerda, mais mudar as estruturas”. Dunha banda “facendo unha organización amable para que a xente que abandonou o Bloque volva á organización do nacionalismo unido”, mais doutra banda para convocar a unha nova base, “facilitando a achega de xente nova mediante cambios na organización”. Ten que haber mudanza, di, de “estruturas, organización e formas para que a organización sexa atractiva tamén para xente que vive nas zonas urbanas e ten formas de participar na política diferentes ás do pasado”. 
Verbo da relación do Bloque coas forzas políticas que conforman En Marea, o voceiro fala de sensación “moi frustrante”, de aí que non vexa representado na súa actuación aquilo ao que aspira o nacionalismo galego. Coida que “non teñen grupo parlamentario (no Congreso) porque asinaron unha coalición con Podemos na que aceptaron unha supeditación”. Mais para o futuro inminente, o dos comicios autonómicos, pensa que é preciso un achegamento que “permitira optimizar os apoios para derrotar ao Partido Popular”. “Unha coalición técnica podería ser unha fórmula”, aventura. Así as cousas, Xavier Vence defende que, “se iso fora a aposta da militancia do BNG”, habería que tratar, “respectando a singularidade de cadaquén”, esa coalición que “permitira chegar a un acordo de mínimos para sumar votos”. 
Institucional