Xente empanadeira

Xente empanadeira
12 de Agosto, 2019 - 09:15 h. | Publicada por Radio Allariz

María Faltri e Jorge Juncal ofrecerán un concerto o vindeiro sábado no marco da Festa da Empanada de Allariz. Xa o domingo dia dezaoito haberá postos de empanada durante todo o dia no Campo de Vilanova de Allariz. En Bandeira, Silleda, a Festa da Empanada trasládase este ano para o sábado vintecatro de agosto.

Casa do Concello de Allariz

A empanada é un alimento que consiste nunha envoltura de masa de pan, chea de carne, peixe ou outros ingredientes que se coce no forno. Somos xente empanadeira, con capacidade e desexo de empanalo todo, vexetais e carnes, froitas, peixes e mariscos. A afección á empanada vén polo menos dende os tempos do Románico: hai probas na pedra dos capiteis do Pazo de Xelmirez en Santiago de Compostela.

As empanadas galegas son diferentes en cada bisbarra. Pouco ten que ver a empanada das inquietas aves que chaman papuxas en Monforte de Lemos, coa empanada de bonito de Viveiro. A empanada leva raxo ou zorza en Mondoñedo, xoubas en Vigo e lamprea en Arbo e Padrón. A condesa de Pardo Bazán recomenda forno lento para a empanada e afirma que o forno vivo mata a empanada. Das empanadas memorables, Fausto Galdo en Abecedario das mantenzas, lembra unha de Cedeira con masa de follado e recheo de congro. Agás as ostras e as ameixas, todo o que corre, nada ou voa, neste país empánase

Sociedade

Publica o teu comentario agora