Xeo e neve

Xeo e neve
02 de Xaneiro, 2019 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

Unha pista de xeo sintética, baixo carpa, abrirá ás catro e media desta tarde na pista polideportiva de San Valentín. Permanecerá ata o sete de xaneiro de 16,30 a 20,30 horas. Ofreceranse sesións de 20 minutos e o prezo da actividade con aluguer de patíns é de 3 euros por persoa e sesión. É obrigatorio o uso de luvas. O Concello de Fene tamén habilita un inchable neste espazo para a rapazada. Neste caso, o custe é dun euro por persoa e sesión.

Pista de xeo instalada en San Valentín

O Concello de Fene vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 15 ó

18 de febreiro. Para participar é preciso formalizar a preinscrición no departamento de Cultura e Deportes –Avenida Naturais de Fene, 44, entrechán-, dende hoxe, día 2, e ata o 10 de xaneiro, de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas. Os mércores 2 e 9 de xaneiro tamén se recollerán preinscricións de 16 a 18 h. Será preciso achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene e cubrir a correspondente ficha.

Terán preferencia os rapaces e rapazas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación e, no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, o Concello realizará un sorteo público ante o secretario municipal para adxudicar as mesmas. O custe da actividade é de 85 euros e inclúe transporte dende a comarca, tanto de

ida como de volta, (os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificaranse con anticipación, segundo salienta o concelleiro de Deportes Xoan Manuel Bastida), estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Sociedade

Publica o teu comentario agora