Xermade será sede de torneiros en setembro

Xermade será sede de torneiros en setembro

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

En Xermade xa teñen todo listo para a celebración do X Encontro de Torneiros de Galicia. Durante catro días esta vila chairega encherase de profesionais da madeira, do cobre, da escultura e do deseño que lles trasladarán a sabiduría do tradicional oficio ós que se acheguen.

Do 23 ó 26 de setembro terá lugar esta reunión de torneiros chegados de tódolos puntos de Galicia.
O polideportivo municipal de Xermade vai acoller charlas, demostracións, talleres e espacios comerciais durante estes días.
O xoves 23 ás 12:30h inaugurará o Encontro a Directora Xeral de Comercio, Dna Nava Castro Domínguez e o alcalde de Xermade, D. Tomás Rodríguez Arias.

Durante os días nos que se celebra o X Encontro de Torneiros de Galicia van pasar por Xermade recoñecidos profesionais coma Manuel Castro, Nick Agar, Jean Dominique Denis ou Gerar Gestenier, que impartirán charlas e farán demostracións do seu saber facer como torneiros. Durante tódalas xornadas poderase disfrutar dunha exposición onde tamén se poñen á venda maquinaria, ferramentas ou publicacións.

O alcalde de Xermade será o encargado de clausurar a actividade o domingo 26, ás 13:00h.

Sociedade